Documental FÍOS FÓRA

Documental FÍOS FÓRA

Esta sexta-feira ás 21:00h proxectaremos no local do Colectivo Terra, en colaboración co sindicato estudantil Erguer, o documental FÍOS FÓRA, que como saberás, reflexiona sobre o papel das mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60, man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Agardamos por ti.

SEXTA-FEIRA, 29  -  ÁS 21:00H. LOCAL DO COLECTIVO TERRA

Compartir:



Documental FÍOS FÓRA