Festa da Patria

Festa da Patria

Un ano máis, no Colectivo Terra celebramos o Día da Patria cunha festa de sete estalos. Desta volta, vémonos na obriga de ter que trasladala a un interior, mais iso non vai desmerecer o evento. 

Temos preparada unha programación onde pasamos pola divulgación de proxectos relacionados coas linguas minorizadas, teremos moita música e non podería faltar o humor.

Comezaremos ás 19:30 cunha pequena palestra de Bernie O´Rourke que nos falará do presente e futuro do gaélico na Irlanda e na Escocia. Con ela estará o companheiro Marcos Abalde presentando o libro "A escola das Irmandades da Fala" publicado por Semente Trasancos. A continuación subirán ao escenario un grupo de pequenos grandes músicos, Os Quenindiole. Este grupo está formado por nen@s de entre 9 e 12 anos que son unha cicloxénese de música tradicional. Logo actuará o Evaristo Calvo co seu monóligo do Turista madrileño, moi acaeido pola Vila nestas datas. Para a fin de festa... "...e vou ben esperta, alá onde agroman as herbas, e entre cancións bica o sol as minhas pernas" Sofía Espiñeira ven a presentarnos nun novo formato o seu discazo de estrea "Alá onde agroman as herbas"  acompanhada desta volta por Paulo Silva na percusión e Diego Pérez no contrabaixo.

 Agardámosvos o próximo sábado 23 de Xullo na Sala Coliseo de Pontedeume.

Compartir:



Festa da Patria