17 TREME A TERRA

17 TREME A TERRA

Impulsamos unha nova edición do Festival Treme a Terra, unha cita que acumula con esta 17 edicións e que voltou no 2015 após varios anos de silenciamento forzoso. 

Celebrarémolo o sábado 17 de decembro e o alicerce sobre o que pivote será a emigración. Un chamado a non esquecer ás que agora mesmo se están xogando a vida para tentar entrar na Unión Europea e a sinalar ás que habitan nas escuras cavernas do sistema como principais culpábeis desta macabra historia. Abondou unha soa imaxe, a do corpo do pequeno Aylan Kurdi nunha praia turca para abofetearnos sobre o drama que levaba décadas engordando e que revela ata onde pode levarnos o capitalismo e a rapinha imperialista. Refuxiadas vítimas de guerras, de terrorismo, de miseria creada pola Unión Europea e os Estados Unidos. A crise migratoria prosegue namentres a Europa do capital aplica medidas cada vez máis restrictivas nas fronteiras. Dende Galiza, fábrica de emigrantes pasados e presentes, non podemos permanecer máis tempo alleas a esta catástrofe humanitaria. 

No festival voltaremos ao lugar de sempre, a pista polideportiva, onde os nosos altofalantes aturuxarán en favor das refuxiadas e contra o capital. A palabra coma arma de combate. En definitiva, un espazo de reivindicación dos dereitos fundamentais de todas as que padecen o noso silencio. Sirva este festival de homenaxe ás que perderon a vida buscando unha vida mellor.

Pero a programación non se centrará so unha noite de música. 

-VENRES 9 DE DECEMBRO. PALESTRA @S ESQUECID@S:

Da man do fotoxornalista Gabriel Tizón e do xornalista Saúco Fernández achegarémonos a eses muros da Europa do s.XXI coa proxección de dous vídeos sobre o tema. Ás 20:00 na Casa da Cultura.

-DO 9 DE DECEMBRO AO 26 DE DECEMBRO. EXPOSICIÓN OS BICOSD@S REFUXIAD@S:

O fotógrafo social Gabriel Tizón pretende con esta exposición fotográfica, que quedará pendurada nas farolas do peirao da vila, achegarse á traxedia do Mediterráneo dende outra perspectiva.  http://gabrieltizon.com/

-DOMINGO 11 DE DECEMBRO: MINIFESTIVAL!

Uxía e Magín Blanco serán os encargados de facer desfrutar ás máis pequenas. Dende as 18:00 na Casa da Cultura.

SÁBADO 17 DE DECEMRBO. TREME A TERRA.

Dende as 21:30h no lugar de sempre, a pista polideportiva (fronte a FP). Con Caxade, Familia Caamagno e Dakidarría. 

Compartir:



17 TREME A TERRA