FESTA DA PATRIA

FESTA DA PATRIA

O vindeiro sábado 29 de xullo na Alameda de Pontedeume sesión vermú con Manolo Bacallau e xantar popular a base de lacón asado, empanada e chourizos ó vinho. Dende as 13:00h. Neste tempo de reguetón e orquestras que tocan en camións poderemos desfrutar da canción íntima e reivindicativa do ferrolán Manolo Bacallau. A entrada é de balde, pero para poder xantar connosco avisa antes no teléfono 628 405 871 ou no correo colectivoterra@gmail.com. Contamos contigo.

Compartir:



FESTA DA PATRIA