NOITES DO SAMAÍN

NOITES DO SAMAÍN

Organizamos o Samaín en colaboración con Airiños do Eume, a AAVV do Olmo e o Concello de Pontedeume. Eiquí vai o cartaz coas actividades. As crianzas deberán ir acompañadas por unha persoa adulta. Como sabedes o Samaín é o antecedente europeo desa mala copia do Halloween. Exportado polos emigrantes a terras americanas onde se transmutou. Pero aquí a nosa tradición resistiu. É de orixe celta e en moitas vilas estamos tentando recuperala. Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán. Esta festa, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun ano novo. Logo foi cristianizada coma homenaxe ao mundo dos mortos, mais a festividade inicial refírese á morte do verán e o comezo da época na que cómpre recollerse, ficar na casa ao pé do lar, porque como di a nosa lenda, a porta do Sidh, ou do Alén, fica aberta nesa noite para que os mortos se poidan comunicar vos vivos. Desfruta do Samaín. É noso!

Compartir:



NOITES DO SAMAÍN