IX XORNADAS MICOLÓXICAS

IX XORNADAS MICOLÓXICAS

Dende o Colectivo Terra promovemos as IX Xornadas Micolóxicas de Pontedeume, que terán lugar entre o 10 e o 12 de novembro.  A inscrición ten un prezo de 6€ e podes anotarte no correo electrónico aavendoa@gmail.com ou no teléfono 617 866 886.  

VENRES 10: 09:30h Varias persoas da organización das xornadas sairemos na procura de cogumelos para a posterior clasificación e exposición. Podes acompanharnos! Quedaremos ás 09:30h no aparcadoiro que está ao carón da gasolineira de pontedeume:
19:30h Vémonos na casa da cultura de Pontedeume para clasificar os cogumelos recollidos pola manhá e para preparar a exposición.  
SÁBADO 11: Metémonos en faena ás 09:00h e quedaremos tamén no aparcadoiro ao carón da gasolineira de pontedeume para facer unha saída á serra do forgoselo. O obxectivo principal é aprender, non ir a enchelo cesto. A media manhá faremos un descanso onde degustaremos un petisco (tamén vegano)
14:30h Xantar micolóxico no BAR O TRASTEIRO. Non está incluído no prezo
18:00h Palestra na Casa da Cultura a cargo de José María Costa Lago, que ofrecerá unha introdución ao mundo da micoloxía para despois visitar tamén na Casa da Cultura a exposición de cogumelos.
Pola noite a cea é libre. Cadaquén que se administre o seu tempo. Nós proponhémosche que nos seguintes bares asociados degustes un petisco micolóxico: O Varadoiro (na parte alta da rúa Real de Pontedeume). No Trasteiro (na zona do muelle ao pé do torreón dos Andrade) e na Casa de la Abuela, (rúa Chafarís, 1, ao carón da Casa da Cultura).
DOMINGO 12: Non vos recollades moi tarde ;) porque o domingo tamén hai actividade. Ás 10:00h quedaremos novamente no aparcadoiro ao carón da gasolineira de Pontedeume para sair todas xuntas ás Fragas do Eume. Logo ás 14:30h xantar de confraternización na parrillada o pedrexal (Churrasco de Sambollo).

As xornadas todavía non están pechadas, atenta ás modificación que fagamos nas redes soiais, dado que poderiamos incorporar algunha palestra máis específica. Hai un evento creado no Facebook que leva por nome IX Xornadas Micolóxicas de Pontedeume

ANOTARSE: aavendoa@gmail.com / 617 866 886.  

Compartir:



IX XORNADAS MICOLÓXICAS