"Pezqueñines no, gracias"

"Pezqueñines no, gracias"

Flashback arrepiante. Non é a década dos 80 pero o guión é semellante. Heroína. Repunte do paro na clase obreira, emigrada ou ansiolítica. Unha multitude concentrouse a semana pasada fronte a un dos puntos de venta en Monelos, A Corunha. Eses que toda a vecinhanza conhece salvo a Policía. Pequenos vendedores que son anzol dos grandes narcos. Din os media. Pois non dan picado. Cando as mafias tenhen teléfono vermello nos despachos da Administración o narco do barrio convértese de súpeto en protagonista daquel anuncio contra a pesca e comercialización de pequenos exemplares. "Pezqueñines no, gracias". Os cadelos de azul poden entrar de madrugada e a martelazos na casa dunha familia desafiuzada. Por que a patada na porta nunca é na casa do camello? A Pablo non o volverán ver. Deportista vital, boxeou coa vida ata que caeu no cuadrilátero dun narcopiso. Familia e amigas sinalaron a casa onde mercou a derradeira dose. Que a terra lle sexa leve.

Nun contexto de represión nas rúas e depresión nas fábricas, coa xuventude querendo recuperar o movemento obreiro, o Estado volve a xogar coa nosa saúde. "Heroína. Dianho vestido de anxo". A nosa anulación. Non queremos reducir o papel das personas consumidoras ao de simples vítimas involuntarias. Mais a resposta ante este aumento do consumo de Heroína debería ser a organización da loita en cada centro social, nos barrios, nas vilas. Nas fábricas que aínda queden en pé. Resposta popular nas universidades. Contra os narcos. Contra o sistema capitalista. Isto é a guerra. Para nós os dereitos non venhen do berce, senón da loita. E a estamos perdendo.

“Nos anos 80 a policía local de Arrasate constatou como a Garda Civil distribuía heroína en varias localidades”. Justo Arriola, autor do libro 'A los pies del Caballo'

“Cando seguías a orixe da heroína dende os barrios, sempre chegabas ao mesmo punto sen retorno: os cuarteis”. Carmen Díaz, presidenta da Asociación de Madres Unidas contra la Droga

O "Informe Navajas" elaborado en 1989 polo fiscal xefe da Audiencia Provincial de Guipúzcoa, Luis Navajas, relacionaba a unha ducia de mandos da Garda Civil co narcotráfico.

Compartir:



"Pezqueñines no, gracias"