Libreto 19 Festival Treme a Terra

Libreto 19 Festival Treme a Terra

E xa foron 19 edicións. Deixámosche baixo estas linas o libreto que editamos cada ano co Festival Treme a Terra. Unha idea. Ese é o punto de partida da acción cultural. Unha autora de interese, unha teoría que paga a pena difundir, unha tradición e unha lingua que merecen ser conservadas. Pero hai que dar forma a todo este traballo mediante unha programación. Debemos buscar o vehículo axeitado que canalice toda esta producción vital da nosa terra en prol dunha difusión accesíbel para todas. De balde. Un calendario e unha canle material que vertebre o noso mundo. Un medio para difundir a convocatoria, uns contactos que permitan acceder ao entorno político e docente. Neste sentido traballar en grupo facilita a tarefa e a programación cultural propia. Sen ideas non hai acción. Mais a acción en si mesma non produce unha obra duradeira. Por iso recurrimos a ti. Necesitamos que botes unha man. Esta é unha sinal S.O.S. Estamos na procura dun local onde poder xuntar todas as nosas actividades. O medio conductor. Un centro social con todas as letras. Un lugar onde madurar o froito de tantos xornadas de traballo. Por exemplo, este Festival Treme a Terra. Desta volta centrado na loita obreira dos asteleiros da ría de Ferrol. Nesta terra non somos periféricas nin fin de nada. Somos o centro do noso universo. Que quede claro. As heroicas resistentes dos nosos estaleiros non eran pobres obreiras. Simples vítimas do sistema que se amedrentaron ante a presión gubernamental e policial. Nas súas batallas derramaron sangue e na memoria quedan Amador e Daniel. E tantos outros heroes da resistencia. Vai por elas este traballo. Sodes semente revolucionaria. 

LIBRETO 19 EDICIÓN FESTIVAL TREME A TERRA

LIBRETO 18 EDICIÓN FESTIVAL TREME A TERRA

LIBRETO 17 EDICIÓN FESTIVAL TREME A TERRA

Compartir:



Libreto 19 Festival Treme a Terra