Colectivo Terra

Activismo cultural en Pontedeume dende o 2011.

O que nos xunta nunha comunidade, física ou espiritual, é principalmente o amor á Terra. A Terra como un ente vivo e fascinante. A patria é a Terra. No Colectivo Terra levamos anos traballando na defensa e difusión dos nosos dereitos como pobo, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa historia.

O programa de actividades que propoñemos xira sobre un eixo fundamental de traballo, que non é outro que promocionar a cultura e a lingua propias da Galiza.

Baixo esta premisa, cada mes reunímonos en asamblea de socias e achegadas e moldeamos a nosa programación, coa que tentamos visibilizar os dereitos nacionais e sociais do pobo galego. Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto baseado na solidariedade.

Afirmamos con rotundidade que ningún partido político toma parte nas Comisión de Traballo. Non agochamos o noso profundo espírito político, pero nunca se fai traballo partidista.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro. Ningunha de nós cobra un so euro. O que recadamos vaise de xeito íntegro no financiaciamento das actividades e nos gastos lóxicos de xestión.

Comisións


Medio

A Terra coma eixo vertebrador do noso Pobo. Sen o noso patrimonio natural non hai porvir nin base para as que virán despois.

Pancho

Coincidindo co 60 cabodano do seu asasinato, iniciamos en colaboración co Ateneo Eumés unha serie de homenaxes.

Língua

"Eu fáloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo unha historia contada noutra língua".

Muller

Violencia polo único feito de nacer muller? Antipatriacado! Non hai outro camiño. Feminismo fronte ao terrorismo machista.

Mocidade

Obrigadas a emigrar ou quedar con salarios de fame e resignadas. Non ficaremos inertes fronte a España rancia das corruptelas.

Festival Treme a Terra

Fartas desas orquestras que tocan en camións, de ver como se malgastan fondos públicos en festas importadas. 


Aulas

Anótate no noso correo ou nos teléfonos correspondentes:

  • Gaita: 698122557
  • Guitarra: 607837292
  • Ioga: 653632291 
  • Pandeireta: 620904570 
  • Pilates: 696555997