Un centro social na comarca do Eume
«Así aprenderán a non ter ideas».
Activismo cultural en Pontedeume desde o ano 2011
Somos unha asociación cultural e social sen ánimo de lucro. Un espazo aberto, non privado, onde tenhen cabida tanto os proxectos que forman parte do Colectivo Terra como os externos. Palestras, presentacións, exposicións, concertos, debates, obradoiros, xantares populares… Sodes benvidas. O que recadamos coas nosas actividades vaise de xeito íntegro no financiamento da programación e o local. Tentamos ofrecer un espazo de cultura alternativa e de balde. Como o Festival Treme a Terra, en pleno inverno, fuxindo das grandes festas do verán, arriscando moitos recursos e botándolle incontables horas de traballo para ofrecer un evento reivindicativo no tempo das cicloxéneses explosivas. Se ti que estás lendo estas linhas, queres deixar de ser unha espectadora impasíbel e virarte protagonista dunha historia de rebelión, visita o teu centro social. Na túa vila, na túa comarca ou cidade hai xente traballando en prol dos dereitos que se lle negan ao pobo galego. Nós, neste pequeno espazo de solidariedade entre irmás, queremos agradecer de corazón a todas as persoas que botaron unha man para que esta historia continúe. Afirmamos con rotundidade que ningún partido político toma parte coma tal nas asambleas e decisións do Colectivo Terra. Non negamos o noso espírito profundamente político, mais xamais facemos traballo partidista. Se non naciche para estupefaciente, como dixo Castelao e pensas que podes botar unha man para mellorar este proxecto non dubides en contactar. Agardámoste. Coma nos definiu un meio de comunicación: “un tremor na vida cultural da bisbarra”.

«Galiza é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galiza que vai no sentimento! Galiza somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala!».
— Manuel María